Número de libros encontrados: 81
Réquiem
Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa...
Millennialismo ou sátira dunha xeración
#challenge: apaga o móbil un par de horas, concentra ese cerebro virtualizado que tes e adéntrate nunha intranet de versos sen "postureo" nin filtros...
Somos
«Somos» propón un camiño no que as palabras se alían á procura da rítmica dun outro discurso social -se non posible, si necesario-, abordando a outra historia: a do soño, a invisibilidade e o irrealizable...
Manual de camuflaxe
«Manual de camuflaxe» é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución...
Estudo sobre o voo dos corzos
«Estudo sobre o voo dos corzos» é unha disección da beleza vulnerábel, unha análise poética da violencia na cultura humana e na cultura da natureza...
A falsa autónoma
Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas...
Trece maneiras de mirar un almanaque
«Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa...
Todo o que doe
Levamos un tornasol de receo nos ollos e no corazón unha ferida aberta que non estiña nunca. Quizais porque fomos nenez nun cuarto cego para os afectos diferentes, quizais porque fomos voz amordazada por unha culpa salvaxe que nos era impropia, quizais porque non houbo espello de corpo enteiro no que mirarnos xuntas nin rúas que nos acollesen sen censurarnos...
Habitar as fendas
«Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento...
A teta sobre o sol
Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor...
Metáfora da metáfora
«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas...
831-Urb
«831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira...
Sonora
«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal...
Ultraluz
«Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte...
Os mil e un días
«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten...