Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 1420

Os segredos do Lugar Grande

Manuel Iglesias Turnes

Milio e Lena, un matrimonio estable pero sometido ao desgaste e á rutina, levan máis de corenta anos vivindo en Bilbao, cidade en que criaron os seus fillos e viron nacer as súas netas...

O Club do Canastro

Lucía Mojón

A quen non lle gustaría formar parte dun club que ten a súa sede nun canastro? Cando Cibrán chega á aldea, Amelia e o resto dos «canastróns» convídano a unirse a eles se realiza unha serie de retos Será Cibrán quen de unirse ao club? Descúbreo entre leite, ovos, fariña...

Mariscadoras

Jacobo Paz Limia

«Mariscadoras» mergúllanos na voz poética dunha filla que, entre o barro, a baixamar e as mans feridas de Madre, percorre o tránsito da vergoña á pertenza, da distancia ao coidado compartido...

O persistente voo das andoriñas: a literatura galega na diáspora

Carlos Callón

De Xosé Neira Vilas a Castelao, de Eduardo Blanco Amor a Luís Seoane, de Virxinia Pereira a Xosé Fontenla Leal... este libro segue o persistente voo das andoriñas que fixeron florecer a literatura galega polo mundo...

Úrsula e o gato bibliotecario

Chus Álvarez

Úrsula é a nova bibliotecaria de Valdovento. Quere darlle vida á biblioteca, que semella durmida, pero non sabe por onde comezar. A desaparición de Edgar, o seu gato, fará que, aos poucos, vaia descubrindo o resto de habitantes do lugar...

Reixas na pel

María Rei Vilas

Ada convive coa nai enferma e coa leal Fátima. Mentres, en Gondar prepárase a homenaxe ao patriarca desaparecido, Rafael Dacal, benfeitor que trouxo prosperidade co volframio...

De memoria

Suso De Toro

Logo dunha longa traxectoria, Suso de Toro entende que precisa facer memoria do seu itinerario vital como escritor e reconstruír o que considera a súa vida pública...

A lúa nas cerdeiras de Hiroshima

Cesáreo Sánchez Iglesias

Entrar á cultura do Xapón lévanos ao coñecemento, a emocións profundas. O poeta asume o Wabi-Sabi: a beleza do transitorio, do imperfecto, do incompleto, a impermanencia, a austera soidade...

Autor/a da semana

Pepe e Balbino

Ramón D. Veiga

«Agora tocábame a min contar a túa historia. Porque ti contaches a miña e a de tantos outros nenos de aldea como ninguén máis as podería contar...

Operación Lola Carola

Fina Casalderrey

A historia que quero contar comezou non hai moito e miña irmá e mais eu estamos superpreocupadas. Non sabemos se deberiamos dicirlles todo a mamá e a Ricardo Eliécer Neftalí ou se primeiro temos que conseguir probas irrefutables, que se di así...

Xosé Neira Vilas. O viaxeiro de Gres

Pere Tobaruela

Quen mellor para contaren a historia de Xosé Neira Vilas que a súa compañeira de vida, Anisia Miranda, e mais Balbino, o inesquecible protagonista de «Memorias dun neno labrego»? Xuntos convídannos a viaxar no tempo: desde as vivencias da infancia en Gres ata cruzar o océano cara á Arxentina e Cuba...

Pepiño de Gres

Denis Vicente

Como foi o neno Neira Vilas? Por que emigrou a América? Como pasou os seus anos na Arxentina e Cuba? Cal foi a súa relación co Che Guevara? A que dedicaba o tempo cando non escribía? Pepiño de Gres é unha biografía amena e divulgativa de Xosé Neira Vilas, escrita desde a paixón e o coñecemento próximo do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2027...

A gobernanta

Xosé Luís Vázquez Somoza

Aquel 14 de maio, pola tardiña, Esmeralda acudiu ao IES A Mosqueira disposta a asistir como nai orgullosa ao acto de graduación das súas fillas. Flavia, de 19 anos, e Helvia, de 18, ían recoller o diploma de Bacharelato nesa promoción 2020-2026, pero a máis nova non apareceu polo instituto...

A boa morte

Pedro Feijoo

Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou...

O club de lectura da fin do mundo

Xosé Monteagudo

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos...

Oficio nocturno

Diego Ameixeiras

Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos...