Recén chegados

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Paula Carballeira

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Anaír Rodríguez Rodríguez

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 83

Os mil e un días

Carmen Villar Alonso

«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten...

Salón de Té

Lupe Gómez

Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas...

Do abrazo

Azucena Allegue

Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados...

Brinde e desespero

Miguel Sande

«Brinde e desespero» é unha observación distinta dos lazos familiares utilizando a palabra en vez do bisturí para extirpar un sentimento. Esoutra visión do amor na madurez como nunca se dixo antes...

Lugo Philadelphia

Lois Pérez

A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla...

De catro a catro

Manuel Antonio

Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas...

Baixo terra. No ar

Manuel Lopez Rodríguez

O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo...

Materia

Yolanda Castaño

Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar...

Autor/a da semana

A árbore que dá as lágrimas de Shiva

Cesáreo Sánchez Iglesias

«A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol...

Dou aulas de ioga por videoconferencia

Xandra Táboas Martínez

«Dou aulas de ioga por videoconferencia» é unha proposta poética na cal Xandra Táboas Martínez e Adriam Mosqueira Paços constrúen un diálogo fresco e diferente que explora, en clave irónica, o noso tempo e o carácter deshumanizado da sociedade actual utilizando unha perspectiva experimental e iconoclasta...

Negras

Daniel Asorey

A morte é un proxecto político, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada...

Cancións

Xela Arias

«Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta...

Intimidación

Colectivo Maiakovski

Que nos intimida ante o que vai acontecer? Que medo acirra os latexos dos nosos corazóns? Que alento xélido lambe as nosas calugas? Que parálise eiva os nosos espíritos para que non se desanoen en liberdade? Que veleno empezoña o fluír axitado do noso sangue? Que nos detén, arrepiados, diante dos espellos? Que ameaza o futuro, cada intre do futuro? A intimidación converteuse no espírito do século...

As vaidosas agonías

Xurxo Alonso

«As vaidosas agonías», título en que se recolle unha epígrafe de Gesualdo Bufalino, é un poemario que agroma durante a centena de días que durou o confinamento e nace da experiencia dese feito insólito e terrible que sacode o mundo...

Intempériome

Xela Arias

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte...

Nós nus

Olga Novo

«Nós nus», é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa...