Número de libros encontrados: 83
A boca da terra
A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños...
Dos días escuros
A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión...
Atravesar o fantasma
O autor fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia até os 35 anos, a idade que Dante consideraba a metade da vida en A Divina Comedia...
Kid Salvaxe
Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»- que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un longo blues durante unha sesión de jam na tarde dun domingo»...
Caderno do Nilo
En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz...
Presente continuo
O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo...
Raíz da fenda
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor...
O silencio
O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente...
transmuta
A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia...
Lapidarias
Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece...
Non son de aquí
Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada...
Fóra do sagrado
Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política a respecto de Galicia...
Cólera
Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio...
Éxodo
Éxodo coma axuste de contas: cos nosos tempos e co noso xeito de vivilos. Un lugar para entrar e saír, que descoñece lindes, que invoca xenealoxías, que vira materia e logo eslúe e logo vira outra vez materia...
Contra Maquieiro
En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso...