Número de libros encontrados: 315
A música das árbores
«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración...
A rula, o peluche e a nena
Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña...
Xenaro e a negra sombra
Esta é outra historia de Xenaro. Xenaro cun xe de xeo, xeado e xearento, é un e enfadado... Abúrrese de vacacións e bota de menos os seus amigos e ata as menos amigas, como as Barbis e Sefi...
Rubicundo
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás...
O corazón da maxia
Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse...
Coller as rendas
O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha... todos estes animaliños, cada un deles, teñen un camiño por trazar. Cal será?
Augusta e os seus medos
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...
Marcopola 3. Dragoneta!
Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca...
As noites de Xián
Xián nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono...
As redes de Inés
Inés está no peirao / dende o amencer, / ata que te ata / o verde cordel. E eu sei que ela sabe, / ela sabe que eu sei... / ...que nunca se enlean / as redes de Inés...
O fío vermello
A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra...
Soños de mar
Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa...
Volvo! O regreso de Usha
Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida...
A terra queima
Chíos de paxaros, vento entre as árbores, murmurios nas fontes, nos montes... Cantiga marabillosa! Só cómpre, como fixo Antón, o protagonista deste conto, deterse un chisco e escoitar a música da natureza...