Número de libros encontrados: 302
Señor Meco
Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ca el, é o aplicado, sempre mergullado nos seus libros...
O meu primeiro Celso Emilio
Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa o escritor Celso Emilio Ferreiro que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón...
A nena de auga e o príncipe de lume
¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo. ¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz...
A Torre das Lavercas
A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores. Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis...
A pomba dona Paz
Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños...
Danny, o campión do mundo
Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións...
Vaia tropa!
Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo...
Mil cousas poden pasar. Libro II
Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo mazás. Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil? Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais? E o máis importante: que será de Hedión? Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son...
A filla do ladrón de bicicletas
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo...
Tucho Despistes
Tucho Despistes sempre anda despistado, fai os recados mal, perde as cousas e non sabe onde as deixa... A súa nai enfádase cada vez que se confunde e a el dálle medo, pero tamén rabia e pena...
O souto escuro e perigoso
Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi grane, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso...
O misterio das badaladas
No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite...
Ti non xogas!
Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola...
Amaranta, a carteira Saramaganta
Amaranta, a carteira saramaganta, esta protagonizado por algúns dos réptiles máis habituais na nosa fauna, presentando algúns dos máis importantes escritores e escritoras galegos...
Xenaro e o misterio da mochila verde
A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...
Mil cousas poden pasar. Libro I
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009...