Número de libros encontrados: 318
Xosé Neira Vilas. O viaxeiro de Gres
Quen mellor para contaren a historia de Xosé Neira Vilas que a súa compañeira de vida, Anisia Miranda, e mais Balbino, o inesquecible protagonista de «Memorias dun neno labrego»? Xuntos convídannos a viaxar no tempo: desde as vivencias da infancia en Gres ata cruzar o océano cara á Arxentina e Cuba...
Operación Lola Carola
A historia que quero contar comezou non hai moito e miña irmá e mais eu estamos superpreocupadas. Non sabemos se deberiamos dicirlles todo a mamá e a Ricardo Eliécer Neftalí ou se primeiro temos que conseguir probas irrefutables, que se di así...
Pepe e Balbino
«Agora tocábame a min contar a túa historia. Porque ti contaches a miña e a de tantos outros nenos de aldea como ninguén máis as podería contar...
A Banda da Albóndega e o misterio afundido de Areleira
En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia...
Universo diverso. Unha viaxe pola galaxia LGBTIQA+
Eva Mejuto e Nee Barros guíannos nunha viaxe polas realidades LGTBIQ+ chea de cor, ironía e gana de revolucionar o día a día. Para iso, contan cos luminosos debuxos de Julia Lago e a axuda dun ser que vén doutro planeta e que non entende nada...
Historias do Quintopino
Nun recuncho do mapa está O Quintopino, unha vila un tanto estrafalaria onde é doado atoparse con personaxes únicos, como poetas a tempo completo, dragóns vexetarianos, princesas guerreiras, monstros co corazón avariado ou bruxas que buscan compañía...
A última xastra
Nunha casa de pedra da rúa Pitelos agóchase un segredo de seiscentos anos: a xastrería Núñez, último testemuño dunha estirpe de xastres que vestiu tsarinas, científicas de Nobel e estrelas de cine...
A eiruga rabuda
No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta...
Capitán Lentella 3.Tras a materia escura
A viaxe continúa! Mentres os audaces Lalo e Rufino descobren novos lugares e personaxes, parte da tripulación pregúntase como atopar o famoso astrónomo Pekler, o único que pode darlles a pista que os leve ata a base do malvado Aphis...
Rosalíate
Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal...
O misterio dos gatos rosas
Sil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas...
Pantasmadas
O avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan...
O mapa da túa sexualidade
Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras? Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo...
Timbrol e a pega (e os demais)
Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol...