Número de libros encontrados: 66
A Banda da Albóndega e o misterio afundido de Areleira
En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia...
Historias do Quintopino
Nun recuncho do mapa está O Quintopino, unha vila un tanto estrafalaria onde é doado atoparse con personaxes únicos, como poetas a tempo completo, dragóns vexetarianos, princesas guerreiras, monstros co corazón avariado ou bruxas que buscan compañía...
O misterio dos gatos rosas
Sil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas...
Pantasmadas
O avó Seronio é o último veciño de Treboeiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns... Cando a súa filla chega disposta a levalo con ela e a súa familia á cidade, Seronio terá que demostrar que, aínda que non saiba nin fritir un ovo, non está tan só como pensan...
Criaturiña
Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total...
Queco e Kika
Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella...
Esta é a miña historia e terás que crela
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir...
A Escola Robot
Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot? E se a escola está nunha illa móbil? Pódese crear un robot con forma de gato? Existen as pantasmas con calzóns de cocos? Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico? Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio? Farase...
A excursión a Cans. Unha veciña de película
Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película...
Faísca, a nena neandertal
Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito...
A miña avoa, a miña heroína
Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma...
Os peidos máxicos de Sultán
Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo...
Eu tamén fun pequena
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas...
A miña amiga invisible
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é...
Muriel. Caos no laboratorio lácteo
Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio...