Número de libros encontrados: 62
Papá caníbal
Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo...
Pan con chocolate
Este libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran...
As pombas de Bastián
Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir...
Cancións para Ana Lúa
Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saír a lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trevos de sete follas. Destas e moitas outras cousas fala este fermoso canto poético á infancia...
Plan de rescate
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece...
Cando soa a buguina
Para Carme, o son da buguina trae do mar a voz do seu pai. Carme ten oito anos e vive en Muxía coa súa familia. O seu pai é mariñeiro e todas as tardes cando regresa do mar xoga con ela...
Vampira de biblioteca
Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo...
Tres bichicomas, dúas illas e unha serea
Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse...
Quokka Moka
Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka...
Lúa en Ningures
As casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas...
Kusuma
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano...
Choiva de ras
Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras...
A batalla da pequena Chañan Curi Coca
A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa...
Muriel
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas...