Número de libros encontrados: 39
A eiruga rabuda
No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta...
Capitán Lentella 3.Tras a materia escura
A viaxe continúa! Mentres os audaces Lalo e Rufino descobren novos lugares e personaxes, parte da tripulación pregúntase como atopar o famoso astrónomo Pekler, o único que pode darlles a pista que os leve ata a base do malvado Aphis...
A zapateira mecánica
A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira...
Mariña e o balón. O primeiro gol
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Despois dalgunhas dúbidas, por fin decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila coas súas mellores amigas...
Marcopola 5. Terra a dentro
Marcopola acaba de estrear pernechas e xa está preparada para recuperar o remo roubado. Acompañada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixará a Costa das Patacas e irá cara ao interior a través de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el...
O libro de Borboligón
Chega a Hora do Conto. A Elba gústanlle os Contos de Felices Soños que lle le o seu pai antes de durmir e os Contos dos Domingos que relata a avoa Merliña na vella biblioteca...
Axencia Galega de Asuntos Máxicos
A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste libro...
Os vagalumes de Marí
Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase...
Nerea. A invasión dos trastos
Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?...
A cidade dos desexos
Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascinantes. Con esa persoa van emprender a aventura de cambiar por completo a cidade onde viven...
Pomodoro
O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con esmero cada día. Polas mañás, colle a súa cesta chea de mazás e fai repartimento entre a veciñanza...
Animalario de ler a diario
Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día...
As cicatrices do caranguexo
Saír sen danos dunha liorta co capitán Cancro non é cousa doada. Cando menos levarás de recordo algunha cicatriz revirada e, de seguro, unha historia que contar...
Meigas fóra!
Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios...