Número de libros encontrados: 40
Mariña e o balón
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo...
Conexión Macarrón
A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa...
O raposo aviador que voa sen motor
Este libro conta a historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor...
O lapis de Rosalía
Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez...
O rato avó e o muraño
O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos, xogan a subir montañas, a explorar bosques misteriosos, a... Os pais do muraño Rosendo teñen que traballar ata moi tarde...
A rula, o peluche e a nena
Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña...
A nena de auga e o príncipe de lume
¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo. ¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz...
Florentino, o príncipe Quino
Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei. Todo o país era unha auténtica inmundicia, del emanaba un cheiro tan fedorento que ata os paxaros que pasaban voando por riba do reino caían ao chan privados do sentido...
Un saco de estrelas
Cada atardecida do mes de maio, antes de que o sol comezase a preparar a súa cama laranxa no leito das montañas, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío...
Leocadio, o león
O león Leocadio vivía alá, onde a terra e o ceo debuxan o máis recto dos abrazos. Nacera nunha notable familia de leóns, todos eles hábiles cazadores...
Rata linda de Compostela
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato...
O sombreiro Chichiriteiro
Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar...
Novas minimaladas
Un rinoceronte que nunca chegou á montaña. Un leopardo ao que lle entrou a fame. Unha abella que se achegou a unha flor coa intención de recoller o néctar...
A casa de había unha vez
¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé...