Número de libros encontrados: 14
Incidencia muller pedra
Ela e mais el. Ela é obrigada a recibir terapia, acusada de escándalo público. El, terapeuta, executa a sentenza. «Incidencia muller pedra» fálanos do poder presente nas supostas medidas de reinserción e da incapacidade de aceptación de sensibilidades diferentes...
O carteiro de Ximaraos
O avó de Xoán era o carteiro da vila de Ximaraos antes de xubilarse. Como o home xa vai vello e cada vez ten peor memoria, Xoán e mais a súa nai van vivir con el para coidalo...
Nin me amoles
Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela...
O traxe
Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus...
As desterradas
Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir...
Ás oito da tarde, cando morren as nais
«Ás oito da tarde, cando morren as nais», peza teatral de AveLina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción...
Suite Artabria
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra...
A cegueira
A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía...
Os reloxos preguiceiros de Néboa
Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía...
Flores de Dunsinane
Flores de Dunsinane, Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009, é unha fermosa peza sobre a conciencia humana inspirada nun clásico: o Macbeth de Shakespeare...
Pingueiras e tarteiras
No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras...
Game over
Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3...
Limpeza de sangue
Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital...