«Ás oito da tarde, cando morren as nais», peza teatral de AveLina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción. Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos...
Colección
Biblioteca Dramática Galega
Código
1337070
I.S.B.N.
978-84-9121-530-1
Publicación
09/05/2019
Clasificación IBIC
DD
Formato
Papel
Páxinas
56
Tamaño
21 x 13 cm