A primeira novela de Alberto Mancebo, tecida con axilidade e sutileza, narra unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.
Partilla este libro
Sinopse
A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver.
En «O que me quedaba por dicirche» Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.
Colección
Narrativa
Código
1331512
I.S.B.N.
978-84-1110-362-6
Publicación
08/06/2023
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
136
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378383
I.S.B.N.
978-84-1110-370-1
Publicación
08/06/2023
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Alberto Mancebo
Alberto Mancebo (Vimianzo, 1983). Un día, vendo a Matías Prats no televisor, díxolle aos seus pais que quería dedicarse a iso de maior. Estudou Xornalismo en Santiago de Compostela e en 2004 comezou a traballar na Televisión de Galicia. Na canle pública, é presentador de informativos, pero tamén exerceu como correspondente internacional e enviado especial.
Un mes de xaneiro de 2021 comezou a escribir e, dende aquela, faino a diario. «Os tres nomes da Sartegua» (Xerais, 2026) é a súa terceira novela publicada, despois de «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) e «Indolente» (Xerais, 2024), coa que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey.
Non leva ben o de facer exercicio e lembrarse de apagar as luces da casa, así e todo, procura facer as dúas cousas case todos os días.
Fotografía do autor: Jorge Álvarez Parada.