O ceo das reixas
O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia que constrúen cadeas invisibles arredor das mulleres.