"Caixón desastre" (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor "simbiótico", pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular. Esta edición de "Caixón desastre", o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. "De 10 a 11" "A paixón segundo San Mateo" é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; "Aquí somos así, positivamente" quizais sexa o preferido do autor, e "Efecto astronauta" cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.
Colección
Narrativa
Código
1331052
I.S.B.N.
978-84-7507-475-7
Publicación
15/09/1990
Clasificación IBIC
FYB
Formato
Papel
Páxinas
120
Tamaño
21 x 13 cm