1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque.
Partilla este libro
Sinopse
1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñecer aquela sociedade libre, diversa, laboriosa, sacrificada. Abafante. Unha sociedade nos antípodas da súa aldea, tan pequena, tan pechada. Mais non todo en Barcelona é de cor de rosa. Carmen comprobarao cando busque colocación como criada nos barrios altos, para sacar uns cartiños mentres non regresa á casa. Ao servizo de señoras adiñeiradas, cociñará, fregará, escoitará moito e calará aínda máis. Aprenderá a adaptarse ao medio e a baixar a cabeza. No fin de contas, ela só está de paso. En «Unha rapaza de provincias» Cecilia F. Santomé recrea a Barcelona da Transición e réndelle tributo a esa emigración galega -interior, en feminino- pouco explorada e a miúdo eclipsada polas grandes epopeas transoceánicas.
Colección
Narrativa
Código
1331483
I.S.B.N.
978-84-9121-993-4
Publicación
14/10/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
104
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378340
I.S.B.N.
978-84-9121-998-9
Publicación
14/10/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Cecilia F. Santomé
Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984) é tradutora, narradora e lingüista. Leva anos desenvolvendo o seu interese pola palabra escrita en eidos diversos, desde a redacción de contidos dixitais á formación en biblioteconomía. A súa experiencia en proxectos de xornalismo colaborativo («Toonari Post», «55 Pages») inspirou a creación de «Coolt», revista en liña que codirixiu e editou entre os anos 2016 e 2018. En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato «34, Rue Saint Jacques». En 2021, foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por «As orfas daquel verán». «As despedidas» (Xerais, 2024) é a súa terceira novela, tras «Quérote. Eu tampouco» (Xerais, 2019) e «Unha rapaza de provincias» (Xerais, 2021). Foto da autora: Te Valcárcel para Mermaid Photo.