Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984) é tradutora, narradora e lingüista. Leva anos desenvolvendo o seu interese pola palabra escrita en eidos diversos, desde a redacción de contidos dixitais á formación en biblioteconomía. A súa experiencia en proxectos de xornalismo colaborativo («Toonari Post», «55 Pages») inspirou a creación de «Coolt», revista en liña que codirixiu e editou entre os anos 2016 e 2018. En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato «34, Rue Saint Jacques». En 2021, foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por «As orfas daquel verán». Publicou as novelas «Quérote. Eu tampouco» (Xerais, 2019), «Unha rapaza de provincias» (Xerais, 2021), «As despedidas» (Xerais, 2024) e «Boundaries Road» (Xerais, 2026), obra coa que gañou o XLIV Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor 2025. Foto da autora: Te Valcárcel para Mermaid Photo.