En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras.
Partilla este libro
Sinopse
En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedellados por completo os seus pensamentos, congrega arredor de si un singular grupo de personaxes mentres procura o xeito de coller unha lancha na que poder cruzar a ría para asistir a unha verbena. A súa neta Paula corre desesperada no seu auxilio para ver de impedir que poida sufrir ningún dano. Entrementres, agachadas no falso anonimato do pé de páxina, dúas mulleres rexouban sen censura nin escrúpulos acerca de todo canto vai pasando.
Colección
Narrativa
Código
1331474
I.S.B.N.
978-84-9121-841-8
Publicación
15/04/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
31.5 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378329
I.S.B.N.
978-84-9121-854-8
Publicación
15/04/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Xesús Constela
Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con «As humanas proporcións» (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela «Libro das alquimias» (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con «Shakespeare destilado» (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela «15.724» (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou «Apoteose das perchas», unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente «A rotura das paisaxes» (Xerais, 2016), «Lisa deitada» (2018), «O peso do cerebro» (Xerais, 2021) e «Doce voz de Megafonía» (Xerais, 2025).
Foi colaborador do suplemento «Nordesía» do «Diario de Ferrol» entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: «Pontevedra, laranxeiras e limoeiros», «Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica», e en dous volumes da serie «Contos do sacaúntos» da Fundación Vicente Risco. Co título de «Como se fixo o primeiro alfabeto» (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Foto do autor: Helena Constela.