O aroma do liquidámbar
Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente.