Mil cousas poden pasar. Libro I
Jacobo Fernández Serrano (Autor/a)
Jacobo Fernández Serrano (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 9 anos en diante
8ª Edición - Premio MerlÃn de Literatura Infantil, 2009
Os fillos do rei do mar, Neda e MercurÃn, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aÃnda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan tÃtulo a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio MerlÃn de literatura infantil 2009. A partir de aÃ, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio MerlÃn de literatura infantil 2009 sinalou "que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construÃndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os lÃmites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil."