Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Rata linda de Compostela

Autor/a : Bernardino Graña
Ilustrador/a : Manolo Uhía

No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato.

Partilla este libro

Sinopse

No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos "a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral". Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.

  • Colección

    De 7 anos en diante

  • Código

    1343857

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-956-4

  • Publicación

    13/05/2009

  • Clasificación IBIC

    YFU

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    64

  • Tamaño

    19 x 14 cm

Libros de Bernardino Graña

Narrativa

O neno mariñeiro

O neno mariñeiro

De 7 anos en diante

O Quirico lambón

O Quirico lambón

POESÍA

Acendede as almenaras

Acendede as almenaras

Sobre a colección De 7 anos en diante