Número de libros encontrados: 362
Perder as bestas
A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura...
O ano das mazás
É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia...
Crime en Compostela
Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos...
Ambulancia
A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso...
Miño
Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual...
Coa man esquerda
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre...
A Muller Xabaril
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal...
A parte fácil
As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes...
Multitudes
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación...
Non temerás os coches amarelos
A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer...
Amor de tango
En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas...
Vémonos mañá
A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude...
Lobos doentes
Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión...
Etceteramente
Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro a catro»...