Número de libros encontrados: 377
A boa morte
Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou...
O club de lectura da fin do mundo
A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos...
A boca do río
Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados...
O derradeiro gimlet
Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe...
Onde bate o mar
En diferentes puntos do litoral das Rías Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona...
Os tres nomes da Sartegua
Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar...
Nós, os tolos
«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves...
O lapis do carpinteiro
«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos...
A identidade
Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade...
Land Rover
Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable...
Goma de borrar
A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos...
Boundaries Road
Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado...
O lado nobre
Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia...
Pacto de silencio
Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia...