Número de libros encontrados: 377
Riofero
O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río...
En salvaxe compaña
Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras...
A batalla do paraíso triste
Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade...
Conexión Tubinga
O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus...
Festina lente
Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre...
O profesor de vegliota
Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas...
Incertos
Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais...
O señor Lugrís e a negra sombra
Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns...
Cemiterio de elefantes
En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración...
L'affiche rouge
L' affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os personaxes enfróntanse a un contexto onde a conquista da esperanza é só o principio de toda loita política ou persoal, e a súa propia identidade colectiva representa un problema que hai moito tempo ficou sen resolver polas xeracións precedentes...
Case perfecto
Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado...
Dragona
Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + Desenvolvemento + Innovación Literaria. En Dragona, preséntanos unha "novela de personaxes"...
Tres segundos de memoria
Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado...
dz ou o libro do esperma
A intención argumental de dz ou o libro do esperma de Samuel Solleiro é a de problematizar e mesmo anular o concepto de masculinidade entendida sobre todo, pero non unicamente, a través do elemento sexual e paralelamente e en consecuencia, asasinar o propio suxeito (sexuado, canónico) construído pola modernidade occidental...