Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 51

Mary Quintero

Mary Quintero

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa...

Vento e chuvia (Edición de campo)

Manuel Gago

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes...

Viaxe por Galicia

George Borrow

«A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo...

Marcas

Xavier Navaza

Mitos, valores e iconas que noutrora posuían un xorne idealista, utópico ou revolucionario, forman parte, hoxe, dos mecanismos de penetración cultural dos mercados, que asolagan o planeta con ofertas máxicas capaces de resolver as carencias e soidades da xente na sociedade global...

Galicia Encantada

Antonio Reigosa

O proxecto "Galicia Encantada" naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes...

O Miño. Un caudal de historia

Anselmo López Carreira

O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país...

Pedro Petouto

Xesús Alonso Montero

Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante...

A alternativa está aquí

María Reimóndez

En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ata o de agora non estaban nin na liña do horizonte...

Autor/a da semana

O polbo e a súa cociña

Matilde Felpeto Lagoa

Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo...

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade

Fernando Pereira Bueno

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental...

Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

Guillermo Cameselle Domínguez

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso...

Do G ao Z

Manuel Veiga Taboada

Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor...

Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

Carlos Callón

De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social...

Todo sobre o fútbol galego

Carlos Freire Cordeiro

En Todo sobre o fútbol galego temos unha visión panorámica do fútbol en Galicia, un enfoque que permite ver en perspectiva e dun xeito ecuánime a historia deste deporte desde os seus inicios até os nosos días...

Vigo, a explosión dos ´80

Victor de las Heras

Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos '80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres...

A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte

Xosé Mª Lema

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos...