Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en varios capítulos: fotografía coloreada, retoque analóxico, proxector de fondos, época romántica, cambio de estilo, ambientación, cerimonias, retrato, etc. Ao finalizar, móstrase unha pequena selección da súa pintura, coñecemento indispensable do seu percorrido profesional, onde segue usando a imaxe fotográfica como base. Os textos do libro aparecen tamén en castelán. (Los textos del libro aparecen también en castellano).
Colección
Libros con xeito
Código
1399086
I.S.B.N.
978-84-9914-937-0
Publicación
12/11/2015
Clasificación IBIC
AJCP
Formato
Papel
Páxinas
200
Tamaño
27 x 24 cm