Recén chegados

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Paula Carballeira

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Anaír Rodríguez

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 7

A vinganza de Paquiño Jackson

Alba Guzmán

O videoclip do «Thriller» de Michael Jackson rebentou as pantallas televisivas do rural galego no Nadal de 1983. Foi entón cando Francisco, para gañar a popularidade que nunca antes tivera, se rebautizou como Paquiño Jackson...

San Meteoro

Josiño Araújo

O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello...

Alén da néboa

Pedro Rodríguez Villar

Ata onde estarías disposto a chegar para evitar a tristeza? Mario leva tempo pensando en acabar coa súa vida e decide apuntarse a un novidoso programa de doazóns de felicidade a través do que consegue toda a alegría de Lucky a cambio da súa tristura...

A soidade das nenas

Miriam Beizana Vigo

Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante...

A pintura debida

FABIO RIVAS PARDO

Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra...

Alguén nos lembrará

Varios Autores

Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria... Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta...

Xoaniña de Deus

Alba Guzmán

Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade...