A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos. Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que lles gustaría. Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira... Ti que escollerías?
Colección
Megatoxos
Código
1384603
I.S.B.N.
978-84-9914-533-4
Publicación
19/07/2013
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
21.5 x 14.5 cm