Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte. Como ela mesma ten dito, poida que iso sexa a verdadeira poesía: clarificación da idea na conciencia. Un soño, entón, que enche e nos conmove.
Colección
Biblioteca das letras galegas
Código
1342027
I.S.B.N.
978-84-7507-599-0
Publicación
15/11/1991
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
19 x 13 cm