A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. "Os arquivos secretos de Escarlatina" é un libro para mentes curiosas. Unha obra onde a escritora e mais o ilustrador interactúan co público. Receitas terroríficas, un espectáculo de circo e diversos contidos extra reunidos nun volume pensado, ademais de para ler, para xogar e afondar no universo de Escarlatina, a cociñeira defunta.
Colección
ÁLBUM ILUSTRADO
Código
1351057
I.S.B.N.
978-84-9121-309-3
Publicación
23/11/2017
Clasificación IBIC
YBC
Formato
Papel
Páxinas
64
Tamaño
27.5 x 20 cm