Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia.
Partilla este libro
Sinopse
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais.
A escrita vizosa e engaiolante de Xabier Quiroga converte a esta novela de sobre o difícil tránsito á madurez e a consciencia nunha pequena alfaia literaria que destila emoción no recanto de cada páxina. Con "Era por setembro" (Xerais 2004) novela de formato breve e de intensa emoción, Xabier Quiroga confírmase como unha das voces máis poderosas da actual narrativa galega de inicio de século.
Colección
Narrativa
Código
1331210
I.S.B.N.
978-84-9782-232-9
Publicación
22/11/2004
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
176
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378175
I.S.B.N.
978-84-9914-727-7
Publicación
13/10/2014
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Xabier Quiroga
Xabier Quiroga, que prefire non divulgar datos biográficos e que segue a considerar que «na literatura importa a obra en si e non a montaxe que se argalla arredor dela», deuse a coñecer con «Atuado na braña» (Xerais, 2002), novela longa que recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). A seguir entregou unha pequena alfaia literaria, «Era por setembro» (Xerais, 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en «Se buscabas un deus» (Xerais, 2006), unha reflexión sobre o futuro que nos agarda.
As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: «O Cabo do Mundo» (Xerais, 2009) e «Zapatillas rotas» (Xerais, 2014) outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e de 2015, respectivamente; e a sorprendente «Izan o da saca» (Xerais, 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016 e mais o favor do público lector. Con «O baile dos estorniños» (Xerais, 2021), que ten en común con «O Cabo do Mundo» e «Izan o da saca» a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súa novela máis recente é «Coa man esquerda» (Xerais, 2023).