"Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros intentos dos habitantes da Terra, desde 1999 a 2026, para colonizar o planeta Marte, un deserto de area azul, con ruínas de cidades xadrezadas e ocasos amarelos.
Partilla este libro
Sinopse
"Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros intentos dos habitantes da Terra, desde 1999 a 2026, para colonizar o planeta Marte, un deserto de area azul, con ruínas de cidades xadrezadas e ocasos amarelos. Os colonos, que viaxan en foguetes prateados, soñan con reproducir no Planeta Vermello a súa forma de vida convencional, pero levarán na súa equipaxe as súas enfermidades, que atacarán aos marcianos, e amosarán moi pouco respecto por unha cultura planetaria, misteriosa e fascinante, que estes intentarán protexer da voracidade dos terrícolas. Historias aparentemente sinxelas que serven de escusa para que Ray Bradbury, un dos mestres da ciencia ficción do século XX, se mergulle nos misterios da alma humana e desenvolva unha das proezas máis apaixonantes da humanidade.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365079
I.S.B.N.
978-84-9782-129-2
Publicación
06/09/2004
Clasificación IBIC
YFG
Formato
Papel
Páxinas
312
Tamaño
21 x 13 cm
Autor
Ray Bradbury
Ray Bradbury (Waukegan, Illinois, 1920 - Os Ánxeles, 2012) novelista, poeta, escritor de contos curtos, ensaios, obras de teatro e guións para o cine e a televisión. Está considerado como un dos máis importantes escritores de ciencia ficción do século XX. En 1989 foi nomeado Gran Mestre da SFWA (Asociación Estadounidense de Autores de Ciencia Ficción) e en 1999 recibiu o premio SF Hall of Fame por toda a súa carreira. Entre a súa extensa obra narrativa, formada por máis dunha trintena de obras, podemos citar os libros de relatos O home ilustrado (1950), Crónicas marcianas (1950, tradución galega, Xerais, 2004) e a novela Fahrenheit 451 (1953, tradución galega, Xerais, 2005), unha distopía nun tempo en que os libros están prohibidos e un grupo secreto de activistas da lectura os memoriza e loita por transmitir o coñecemento de boca en boca. Así mesmo, é o autor do guión de Moby Dick (John Huston, 1956) e de varias historias televisivas para Alfred Hitchcock. Tamén planificou o escenario dunha atracción moi popular de Disney World sobre as viaxes espaciais e mais o pavillón estadounidense para a Exposición Mundial de Nova York de 1964. Non obstante, Bradbury recibiu unha das maiores homenaxes á súa carreira cando un dos astronautas da tripulación do Apolo chegou á Lúa e bautizou un cráter co nome de Dandelion en referencia á súa novela Dandelion Wine.