Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Que pasa co galego?

Autor/a : Fernando Ramallo

32 preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega. Unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.

Partilla este libro

Sinopse

O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?... O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro. "Que pasa co galego?" propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.

  • Colección

    Lingua--REFERENCIA E DIVULGACIÓN

  • Código

    1327166

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-377-0

  • Publicación

    07/09/2023

  • Clasificación IBIC

    CFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    144

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Xerais Universitaria--REFERENCIA E DIVULGACIÓN

  • Código

    1376107

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-399-2

  • Publicación

    07/09/2023

  • Clasificación IBIC

    CFB

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Xerais Universitaria