Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección.
Partilla este libro
Sinopse
Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo.
"Charlie e o grande ascensor de cristal" é a segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.
Traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343151
I.S.B.N.
978-84-9782-278-7
Publicación
01/04/2005
Clasificación IBIC
YFQ
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
19 x 14 cm
Autor
Roald Dahl
Roald Dahl (1916-1990) cando estalou a Segunda Guerra Mundial incorporouse como piloto de combate á Forza Área británica. Un accidente aéreo retírao do servicio e permítelle dedicarse á creación literaria. Novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, a súas obras para nenos convertérono nun dos autores máis lidos do século XX. Parte da súa obra de literatura infantil está traducida para o galego: "Charlie e a fábrica de chocolate" (Xerais, 2005),"Charlie e o grande ascensor de cristal" (Xerais, 2005), "As bruxas" (Xerais 1989, 2003), "Danny, o campión do mundo" (Xerais 1989, 2003), "Iago e o pexego xigante" (1990); "Matilda" (1993), "O dedo máxico" (1996) e "A marabillosa medicina de George" (Xerais 2004).