O valo
Unha emocionante peza teatral que fala da igualdade e da paz entre persoas e comunidades.
Unha emocionante peza teatral que fala da igualdade e da paz entre persoas e comunidades.
No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de fondo, «O valo» propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343330
I.S.B.N.
978-84-1110-235-3
Publicación
19/01/2023
Clasificación IBIC
DD
Formato
Papel
Páxinas
64
Tamaño
19 x 13.5 cm