Miño
Xosé Manuel del Caño (Edición de)
Varios Autores (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Na antoloxÃa «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e calidade que caracteriza hoxe a narrativa do noso paÃs». Trátase de propostas literarias que «transitan libres e porosas, dialogan coa alteridade conscientes da ambivalencia que subxace en toda definición identitaria sen, porén, perder o acento que as marca como o produto modelado por un complexo aquÃ, comunidade que comparte lingua ou, o que é o mesmo, casa e ferida». Pola súa parte, Antón Riveiro Coello destaca no epÃlogo «a infinidade de rexistros e estilÃsticas ensaiados, a pluralidade de voces, os enfoques narrativos, as preocupacións temáticas, as diferentes técnicas de fascinación de todo este magma creador que ten algo de forza sintetizadora, de respiración dun paÃs pola boca dos referentes do actual panorama literario.»