En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre.
Partilla este libro
Sinopse
En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo.
Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura e tenra á vez, e finalmente estarrecedora, que nos achega á eterna vileza do ser humano.
Colección
Narrativa
Código
1331508
I.S.B.N.
978-84-1110-311-4
Publicación
20/04/2023
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
200
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378373
I.S.B.N.
978-84-1110-319-0
Publicación
20/04/2023
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Xabier Quiroga
Xabier Quiroga, que prefire non divulgar datos biográficos e que segue a considerar que «na literatura importa a obra en si e non a montaxe que se argalla arredor dela», deuse a coñecer con «Atuado na braña» (Xerais, 2002), novela longa que recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). A seguir entregou unha pequena alfaia literaria, «Era por setembro» (Xerais, 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en «Se buscabas un deus» (Xerais, 2006), unha reflexión sobre o futuro que nos agarda.
As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: «O Cabo do Mundo» (Xerais, 2009) e «Zapatillas rotas» (Xerais, 2014) outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e de 2015, respectivamente; e a sorprendente «Izan o da saca» (Xerais, 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016 e mais o favor do público lector. Con «O baile dos estorniños» (Xerais, 2021), que ten en común con «O Cabo do Mundo» e «Izan o da saca» a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súa novela máis recente é «Coa man esquerda» (Xerais, 2023).