Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Irmán do vento

Autor/a : Manuel Lourenzo González

"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos.

Partilla este libro

Sinopse

"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. "Irmán do vento" é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1365072

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-055-4

  • Publicación

    19/09/2003

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    208

  • Tamaño

    21 x 13 cm

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1377105

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-546-4

  • Publicación

    12/09/2013

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    ePub

Libros de Manuel Lourenzo González

FÓRA DE XOGO

Ceiba de Luz

Ceiba de Luz

FÓRA DE XOGO

Flor de area

Flor de area

Narrativa

Atl

Atl

Sobre a colección FÓRA DE XOGO