A música das palabras
De lingua e literatura (1990-2021)
DarÃo Xohán Cabana (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>MANUAIS>LINGUA E LITERATURA
«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» DarÃo Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesÃa. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relación persoal con DarÃo: Celso Emilio, Manuel MarÃa, Xosé MarÃa Ãlvarez Blázquez, MarÃa Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, DÃaz Castro, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn..., ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca. DarÃo Xohán Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdo imprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, como tradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade e inmensidade da lingua levándoa a calquera outro tempo, cultura e literatura coas súas traducións, coa intención urxente de enriquecer o noso idioma máis alá do que inclúen os dicionarios, porque como afirma nestas páxinas, «cada vez que unha palabra morre, ou é asasinada [...], daquela morre unha pequena parte da lingua, e polo tanto morre tamén unha minúscula parte da patria».