Un elefante na sala de estar
Berta Dávila (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
2ª Edición - Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2021 - Selección Oepli 2022
A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un dÃa calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querÃan contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións Ãntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito, son os cÃrculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia.Cun estilo limpo e delicado, de lectura doada e emotiva, Un elefante na sala de estar pon sobre a mesa a problemática do suicidio, que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza, para combater os mitos e o silenciamento. Para non calar máis.