Xurxo Souto rescata e revisa nesta novela, publicada por primeira vez hai máis de vinte anos, o mito coruñés dos homes mariños. Seres semellantes en todo aos homes, mais con escamas, amigos de facer favores, axudaban na pesca e a xente de terra queríalles ben.
Partilla este libro
Sinopse
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños.» Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela «A gran travesía de Chiruca Macallás», traballa nun taller téxtil. É «heavy» e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.
Colección
Narrativa
Código
1331470
I.S.B.N.
978-84-9121-819-7
Publicación
11/02/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
144
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378324
I.S.B.N.
978-84-9121-816-6
Publicación
11/02/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Xurxo Souto
XURXO SOUTO (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD «Capetón», nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África. En 2006 dirixiu o programa «Mil Ribeiras», na Radio Galega. Escribiu «Contos do mar de Irlanda» (Xerais, 2014) e a novela «A gran travesía de Chiruca Macallás» (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: «O retorno dos homes mariños» (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: «Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar».
"Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024) é a súa última obra.
(Foto do autor: Sofía de Labañou)