Logo Xerais

Ficha libro

Os anos do silencio

Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)

Xosé Ãlvarez Castro (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memoria

Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Ãlvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • -
  • (4 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.