Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Granito

Autor/a : Álex Alonso

Baseada no famoso crime de Nigrán de 1994, esta novela de Álex Alonso, Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331466

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-753-4

  • Publicación

    08/10/2020

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    568

  • Tamaño

    23 x 16 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378320

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-757-2

  • Publicación

    08/10/2020

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Álex Alonso

Narrativa

O estranxeiro

O estranxeiro

FÓRA DE XOGO

Bullying

Bullying

Narrativa

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food

Sobre a colección Narrativa