Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

A semente, a árbore, a froita

Autor/a : María Reimóndez

Coversas entre a escritora María Reimóndez e Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego.

Partilla este libro

Sinopse

É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, "pode que por momentos incómoda", que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal. Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida. Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón? "A semente, a árbore, a froita" non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345166

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-690-2

  • Publicación

    12/03/2020

  • Clasificación IBIC

    HBJ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    120

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Libros de María Reimóndez

Milmanda

Retorno

Retorno

Ensaio

A casa do amo

A casa do amo

FÓRA DE XOGO

Furia

Furia

Sobre a colección CRÓNICA