A cara norte do corazón desvela incógnitas e descobre a xénese do vínculo entre Amaia Salazar e Aloisius Dupree, o misterioso especialista en comportamento criminal, ao tempo que nos transporta á infancia de Amaia en Elizondo. A escrita fascinante de Dolores Redondo volve conxelar o alento das lectoras e lectores nesta novela.
Partilla este libro
Sinopse
En agosto de 2005, cando o furacán Katrina está a piques de devastar a cidade de Nova Orleáns, Amaia Salazar ten vinte e cinco anos e participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI, nos Estados Unidos. Inesperadamente, a subinspectora en prácticas pasa a formar parte do equipo de investigación dirixido por Aloisius Dupree, que persegue a un asasino en serie cuxa estratexia é actuar sempre en escenarios asolados por grandes catástrofes. Será entón cando Amaia Salazar, que con doce anos estivera perdida nos bosques do Val do Baztán durante dezaseis horas, comprenda os motivos polos que o seu propio pasado a converte na elixida.
A cara norte do corazón desvela incógnitas e descobre a xénese do vínculo entre Amaia Salazar e Aloisius Dupree, o misterioso especialista en comportamento criminal, ao tempo que nos transporta á infancia de Amaia en Elizondo.
A escrita fascinante de Dolores Redondo volve conxelar o alento das lectoras e lectores nesta novela.
Colección
Narrativa
Código
1331453
I.S.B.N.
978-84-9121-629-2
Publicación
07/11/2019
Clasificación IBIC
FH
Formato
Papel
Páxinas
712
Tamaño
23 x 15.5 cm
Autor
Dolores Redondo
Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que Xerais publicou en galego na súa totalidade: "O gardián invisible" (2013), "Legado nos ósos" (2013) e "Ofrenda á tormenta" (2014). Considerada como unha auténtica revelación da novela negra, con estas obras obtivo un grande éxito de lectores e foi traducida a máis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con "Todo isto che darei", novela localizada na Ribeira Sacra, publicada en galego por Xerais. A súa última novela " A cara norte do corazón" (Xerais, 2019) tamén está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar.