Logo Xerais

Ficha libro

Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)

Estudos e lembranzas sobre a vida e a obra do helenista e poeta

Xosé Abilleira Sanmartín (Coordinador/a)
Stella Maris González Balbuena (Coordinador/a)

OBRAS DE REFERENCIA>XERAIS UNIVERSITARIA>ESTUDOS LITERARIOS

Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na historia das Letras galegas, nomeadamente como tradutor ao galego da «Ilíada» (1990) e da «Odisea» (1992), así como doutros textos moi significativos da poesía neohelénica. Salienta tamén a súa faceta de poeta en galego e en castelán. Encarcerado en cinco prisións franquistas no período 1936-1942, levou unha vida difícil durante moitos anos. Xa fóra da cadea, estuda a fondo o grego clásico, idioma ao que se dedicara con paixón nos lóbregos establecementos penitenciarios do primeiro franquismo. Neste volume de homenaxe a Evaristo de Sela ofrécese un achegamento "e un entusiasta recoñecemento" a unha biografía cívica e intelectual admirable. Colaboran na publicación seis autores do eido da filoloxía clásica: algúns pronúncianse sobre aspectos poéticos, outros lémbrano desde a perspectiva familiar, desde a óptica dun colega amigo ou desde o punto de vista de quen sitúa o noso homenaxeado no humus no que emerxeu á vida e á cultura.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • ·
  • (6 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.