Ulcis
Xosé Fernández Ferreiro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez FerrÃn, que di no limiar deste libro: "Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida". Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alà onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de "Ulcis", o derradeiro libro do autor de Nogueira de RamuÃn, libro no que traballou ata os últimos dÃas da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnÃfico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epÃlogo, e con limiar de X. L. Méndez FerrÃn.