Novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos, desafíos e amores
cruzados definen una historia sobre a infancia, a aventura o o narcotráfico.
Partilla este libro
Sinopse
Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura. Mais... os perigos espreitan.
Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática que a ninguén deixará indiferente.
Colección
Narrativa
Código
1331449
I.S.B.N.
978-84-9121-571-4
Publicación
12/09/2019
Clasificación IBIC
FJ
Formato
Papel
Páxinas
144
Tamaño
23 x 16 cm
Colección
Narrativa
Código
1378303
I.S.B.N.
978-84-9121-575-2
Publicación
12/09/2019
Clasificación IBIC
FJ
Formato
ePub
Autor
Henrique Dacosta
Henrique Dacosta (Ferrol, 1964) é profesor de profesión e escritor de vocación. Foi gañador en tres ocasións do Certame Carvalho Calero: "Mar para todo o sempre" (1991), novela; "Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias" (1993), relatos; e "Unha mada de doce relatos" (2006). Tamén publicou "Ruiva mulher de esperança" no volume "Muralla de Crescórnio" (1989), finalista no Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella. Ademais, participou en diversas colectáneas de relatos breves. Ten publicado artigos e investigacións lingüísticas e literarias en diversas revistas e periódicos e é colaborador habitual no Diario de Ferrol. En Xerais ten publicados "Illas a sotavento", XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e "Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético".