O divino sainete
Manuel Curros EnrÃquez (Autor/a)
Xavier R. Baixeras (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satÃrico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros EnrÃquez a Roma, guiado por Francisco Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontÃfice León XIII.Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros EnrÃquez utiliza esa obra como modelo para caricaturizar o mundo clerical da época e certas institucións e personaxes do mundo polÃtico e cultural galego. Trátase dunha obra de gran vigor expresivo e forte sentido narrativo. Tremendamente polémica no seu tempo, foi unha das obras galegas máis lidas e editadas.